Tuesday 2 April 2013

Francisco Escudero en AGA


Moitos xa sabedes que estou en AGA, así que para os que non o sabedes, hoxe cóntovos de que vai a historia:

AGA é a asociación profesional de artesáns con meirande presencia en Galicia, e conta cun dilatado historial de accións innovadoras en materia de promoción e desenvolvemento da artesanía, entendida coma unha profesión actual.

A Asociación Galega de Artesáns constituese en 1983 por iniciativa dun pequeño grupo de artesáns tradicionais e contemporáneos, acollida á Lei 19/77, do 1 de abril, reguladora do Dereito de Asociación Sindical, polo que se trata dunha asociación con carácter profesional.

Na actualidade agrupa arredor de 350 artesáns de diversos oficios en toda Galicia, integrados en obradoiros dunha ou dúas persoas, ainda que nalgúns traballan entre tres e 10 persoas.

Os seus obxectivos son a defensa e promoción das actividades artesanais en todas as súas vertentes, pero moi en especial nos aspectos de carácter profesional millorando as condicións do exercicio dos oficios artesanais e colaborando no seu progreso.

Todo elo tradúcese en accións concretas: organizamos feiras e outras accións comerciais; proporcionamos información a potenciais clientes; promovemos seminarios, cursos e encontros de carácter profesional; propoñemos accións de promoción e desenvolvemento as distintas Administración Públicas con competencias no sector; velamos polos intereses sectoriais en todolos ámbitos; informamos e asesoramos os nosos socios sobre trámites, axudas, accións, etc.

Un saúdo

No comments:

Post a Comment