Wednesday 22 May 2013

ALLARIZ ABRE AS SÚAS PORTAS AOS ESCULTORES PARA QUE EXPOÑAN NO FESTIVAL DE XARDÍNS DE ALLARIZ

Estimados amigos, querovos contar unha boa nova na que vou participar.
O Festival Internacional de Xardíns abre a mostra de esculturas ó aire libre durante a nova edición do festival, de maio a outubro.
A incorporación de pezas de arte no recinto do Festival Internacional de Xardíns de Allariz é unha das novidades da presente edición que arrincou o 17 de maio. E unha vez rematado o prazo, a dirección do festival realizará unha selección.
Eu participo coa peza que vos presentei no anterior post, “Relax”.
Ela xa buscou o seu sitio en Allariz y espero encontre un xeitoso lugar, así que vos invito a visitala durante os meses do verán, aproveitando a coñecer ou reencontrarvos este maravilloso lugar.

Francisco Escudero




Datos de la obra:
Titulo: “RELAX”
Medidas: 133 x 60 x 40 cm.
Material: granito de Parga-(Lugo)
Peso con peana: 700 kg

No comments:

Post a Comment